Skip to Content

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

No DOG do 31 de agosto de 2010 publícase a Orde do 26 de agosto de 2010 pola que se convocan as axudas para a adquisición de libros de 3º e 4º curso de educación primaria que deban cambiarse por cambio de idioma, seguindo o establecido pola Consellería de educación no decreto de plurilingüismo. No Ceip Agro do Muíño, este cambio afectará ás seguintes materias: RELIXIÓN CATÓLICA E MATEMÁTICAS. Os libros correspondentes ao resto das materias éstarán no centro á disposición do alumnado.

Para máis información, e para realizar os trámites, consultar Dog 31 de Agosto de 2010.

 

REVISTA ESCOLAR 2009-2010

"FALADOIRO DAS CORTES"

Xa está publicado un novo exemplar da revista escolar do Centro. Desde este curso 2009-2010 acordamos chamarlle "Faladoiro das cortes". Este será o nº 2 . É unha mostra dos traballos realizados polo alumnado neste curso e esperamos que vos resulte interesante.

Faladoiro das Cortes (Revista escolar nº 2)

LIBROS DE TEXTO

Nun dos arquivos que se xunta está a información enviada pola consellería de Educación e O. U. sobre os libros de texto. O sistema anterior só permanece en 3º e 4º de E. Primaria. Para o resto lean a informaciónda Consellería.

No DOG do 25 de agosto de 2009 publícase a Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisici´´on de libros de texto para os alumnos de 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primeria. (Ver arquivo que se xunta)

Na páxina web da Consellería: http://gratuidadesolidaria.xunta.es/ ofrécese toda a información sobre o programa de gratuidade de libros de texto,  a posibilidade de descargar os modelos de solicitude e mesmo de cumplimentalos.

No Centro facilitaránse os modelos de solicitude e a información que sexa necesaria.

Avaliación de diagnóstico

Orde do 16 de febreiro de 2009 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación diagnóstica na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, prevé, nos seus artigos 21 e 29, a realización dunha avaliación de diagnóstico de carácter censual que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos.

A avaliación diagnóstica posúe carácter formativo e orientador para os centros e informativo para as familias e para o conxunto da comunidade educativa. A súa finalidade última é contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación, a través do coñecemento da adquisición das competencias básicas dos estudantes. A súa realización pretende suscitar a reflexión sobre a práctica educativa e orientar procesos de transformación e mellora. En ningún caso substitúe á avaliación do proceso de ensinanza e aprendizaxe que comúnmente se desenvolve nos centros educativos, senón que complementa o coñecemento que aquela proporciona e promove que a toma de decisións posterior sexa máis axustada á realidade de cada centro.

Para as persoas interesadas en consultar esta orde facilítaselles no ficheiro que se xunta ou ben poden obter máis información na páxina web da Consellería de Educación no enderzo http://edu.xunta.es

Entroido 2009

O próximo día 20 celebramos no colexio a festa do Entroido. Será unha actividade de portas abertas.

30 de xaneiro: Día da Paz

Ademais das actividades de aula, o 30 de xaneiro, todas as nenas e nenos do colexio, acompañadas polo profesorado, escenificamos dúas cancións no ximnasio do centro.

As imaxes pódelas ver na galería de imaxes.

O outono

As nenas en nenos de 1º e 2º estiveron traballando sobre o outono. Se quere ver o traballo que fixeron vaite ao enlace de actividades escolares de 1º.

Samaín no CEIP Agro do Muíño

CELEBRAMOS O SAMAÍN          

 Nesta ocasión foron as familias as encargadas de traer as cabazas para as aulas para poder desenvolver a actividade. Este día foi moi especial. A profe contounos contos dos antigos celtas. Participamos na actividade as nenas e nenos de 1º e 2º. Tamén nos visitaron un grupo de nenas e nenos de E. Infantil de 5 anos. Tiñamos tres cabazas e dispuxémonos a vacialas. As nenas e nenos particpamos quitándolle a carne de dentro. Logo fixémoslle os ollos, o nariz e a boca. Á fin colocámoslles a vela acendida dentro e apagamos as luces. Oi, mamaíñaaaaa que medooooo!!!! Entre todos pasámolo moi ben.  Ah!!! Manuel levou sementes para as plantas para o ano que ven.

Terceiro día de Inmersión Lingüística en Mestas de Con.

No día de hoxe, 12 de novembro de 2008, o tempo non foi favorable para realizar as actividades de orientación previtas. Tivemos que realizar actividades no interior do edificio.

 

 

 

Segundo dia de inmersión lingüística en Mestas de Con.

Día chuvioso que non impide que as nosas nenas e nenos visitaran unha granxa para ampliar o seu vocabulario. Foi moi fructifera a visita.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut