Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2024/25

Publicado no DOG a convocatoria para a solicitude de libros de texto e material escolar.

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
En todos estes cursos manteranse os libros de texto do curso escolar 2023/2024.

- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específcas de apoio educatio –EAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

Forma de presentación:


Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros. Unha vez que teñan cubertos todos os datos, poderán gardala e obter o número de solicitude. Posteriormente, disporán das seguintes formas de presentación:

- No centro: neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro
(debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación). 


- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.


En ambos casos, o centro deberá comprobar e completar os datos da solicitude e a documentación presentada.

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.html



page | by Dr. Radut