Skip to Content

INICIO DAS CLASES. BENVIDOS AO CURSO ESCOLAR 2019-2020

INICIO DAS CLASES

As clases iniciaranse o día 11 de setembro ás 9.30. No patio cuberto estarán colgadas as listaxes de cada nivel co seu titor correspondente. Entrarán en orde de 1º a 6º.

O alumnado de infantil que veña coa familia entrará pola porta principal. Os que veñan no bus, xa os levan os profesores.

Os pais poderán acceder ás aulas uns 15 minutos.

Cada titor xa terá os listados de cada alumno referidas ao bus e comedor. Se nestes primeiros días hai variacións, por favor comunicádello aos titores pero intentade que xa exista unha rutina dende o 1º día para non confundir aos nenos/as.

Ese día o alumnado xa levará para a casa diferentes follas de autorizacións e a lista de material.

BO CURSO

 



page | by Dr. Radut