Skip to Content

PAZ 2011

O día 28 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Xuntámonos no ximnasio para realizar diversas actividades. A presentación correu a cargo dos alumnos de 6º, así como tamén un power point e un rap.

 Os nenos de primeiro recitaron poesías  “Amigos de colores” e “A fala das pombas.” Cuarto A fixo unha representación sobre patíns, “Non aos conflitos”.  A continuación, quinto B interpretou unha adaptación da poesía de Gloria Fuertes

“Solo tres letras”, facendo unha coreografía con palillos. Algúns nenos de quinto A recitaron a poesía “Hoy he dado mi firma para la paz”.

Todos cantamos  “El por que no ser amigo” de Hombres G., e “No dudaría” de Antonio Flores, e bailamos a danza Astro Tis Anatolis” como xa ven sendo tradicional.   

Para ver as fotos fai click aquí

Para ver os vídeos das actuacións "Non aos conflictos" e "Solo tres letras" preme nos enlaces seguintes:

http://www.youtube.com/watch?v=4G6B9yZ7vm0 

http://www.youtube.com/watch?v=FAzxQ-NNATg 




page | by Dr. Radut