Skip to Content

Onde estamos

 


Ver CEIP Agolada en un mapa más grande

CONTORNA 

O Concello de Agolada está situado no centro xeográfico da nosa comunidade, no extremo Norleste da provincia de Pontevedra. Pertence xunto con Lalín, Rodeiro Dozón , Silleda e Vila de Cruces á Comarca do Deza. Agolada limita ao Norte co Río Ulla, ao Sur con Rodeiro e Lalín, ao Leste con Antas de Ulla (Lugo), e ao Oeste coas terras de Vila de Cruces.A súa poboación vive distribuída nas vintecatro parroquias do Concello: Agra , Artoño, Baíña, Basadre , Berredo , Borraxeiros , Brántega , Brocos , Carmoega , Eidián , Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro , Merlín , Órrea , Ramil , San Paio de Bais , Santa Comba , Sesto , Sexo, Trabancas, Val de Sangorza , Ventosa e Vilariño. Só unha pequena parte do alumnado vive na vila, a maioría acoden en autobús das distintas parroquias do Concello.

O centro está adscrito ao Instituto Laxeiro de Lalín , centro ao que se incorpora o alumnado que remata a etapa de Primaria para seguir estudos de Educación Secundaria. 


 

DATOS DO CENTRO

 

Nome

CEIP PLURILINGÜE DE AGOLADA

Código de centro:

 

36003480

Enderezo:

 

Avenida Iryda nº20

Localidade:

 

Agolada

Provincia:

 

Pontevedra

Código Postal:

 

36520

Correo electrónico:

 

ceip.agolada@edu.xunta.es

Teléfono:

 

886151077-78-79

 

Fax:

886151080

 

 



page | by Dr. Radut