XA ESTÁ EN CAMIÑO todo o material escolar e de limpeza recollido no cole para enviar a Valencia. Tamén o aportado polo Colexio Novo .
O venres día 15 pola mañá recibimos a Fernando e a Julio ( director do CEIP de Palas de Rei )
Fernando, o voluntario que xa viaxa cara Valencia co seu furgón contounos que non é a primeira viaxe que fai alá nestes días e que a situación aínda é moi complicada e desoladora.
Foi o alumnado de 6ºB de E.Primaria ( en representación de todo o cole ) o que axudou a cargar ese furgón cheo de material e solidariedade.
MOITAS GRAZAS Á TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA COLABORACIÓN !
Que ben o pasou todo o alumnado o venres día 08 nos Xogos do MAGOSTO.
Houbo unha morea deles, tanto en E.Infantil coma en E.Primaria.
Queredes velo ? Aquí están os vídeos :
O pasado 29 de outubro o alumnado de primaria do noso colexio coordinado polo mestre de música, Nelson, e coa colaboración especial de Anna, auxiliar de conversa en lingua inglesa, tocando o piano deleitounos cun festival musical: O SAMAGOSTO (Samaín e Magosto).
Queredes ver imaxes das actuacións? Clicade no seguinte vídeo.
Así de terrorífico quedou o noso cole polo SAMAÍN !
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.
Picade na seguinte ligazón : https://youtu.be/12BAZt4WC-8
Algunhas das actividades realizadas para conmemorar o Samaín foron as sesións especiais de cine.
O alumnado de 1º, 2º e 3º de E.Primaria desfrutou coa película " La escalofriante historia del Capitán Calzoncillos ".
Por outra banda, o alumnado de 4º,5º e 6º de E.Primaria fíxoo coa película " O Apóstolo ".
Aquí tedes algunhas fotos na biblioteca :