Aquí tedes unha escolma de libros relacionados con dúas conmemoracións deste mes de novembro:
• O mes do Galego na Ciencia
• Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N)
Animádevos a ler e a ler en galego!
Nesta seguinte entrada podedes ver como o alumnado de 4º experimentou coas diferentes densidades dos líquidos e tentaron adiviñar cal deles quedaría abaixo e cal enriba na nosa torre.
E vós, sabedes porque ocorre isto?
XA ESTÁ EN CAMIÑO todo o material escolar e de limpeza recollido no cole para enviar a Valencia. Tamén o aportado polo Colexio Novo .
O venres día 15 pola mañá recibimos a Fernando e a Julio ( director do CEIP de Palas de Rei )
Fernando, o voluntario que xa viaxa cara Valencia co seu furgón contounos que non é a primeira viaxe que fai alá nestes días e que a situación aínda é moi complicada e desoladora.
Foi o alumnado de 6ºB de E.Primaria ( en representación de todo o cole ) o que axudou a cargar ese furgón cheo de material e solidariedade.
MOITAS GRAZAS Á TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA COLABORACIÓN !
GRAZAS POLA VOSA SOLIDARIEDADE CON VALENCIA!!!
A comunidade educativa xuntou todas estas caixas con materiais para facerlle chegar ás persoas afectadas polas riadas da Comunidade Autónoma de Valencia.
O Club de Ciencia da Gándara xa está en funcionamento!
Nesta ocasión o alumnado de 4º de Primaria experimentou con maicena e auga para crear un fluído non newtoniano.
E vós que credes? É sólido ou líquido?
Aquí podedes ver o resultado! Non perdades detalle porque a ciencia continúa...