Pancetada, magosto, mapa sonoro, festa e asemblea da ANPA

Lembrade esta data: o VENRES, 8 DE NOVEMBRO DE 2024.

As familias socias están convidadas a unha ASEMBLEA EXTRAORDINARIA o 8 de novembro ás 20:00 horas na primeira convocatoria e ás 20:15 horas na segunda. Agradécese a máxima participación.

A continuación, poderedes participar no MAPA SONORO: "Son(s) saberes cruzados" organizado por Branca de Outonía.

Rematarase cunha PANCETADA e MAGOSTO acompañados por unha FOLIADA. Traede instrumentos e ganas de festa! Hai que anotarse a este evento antes do mércores, 6 de novembro. Esta actividade é gratuita para todos os nenos e nenas, tamén para as familias socias da ANPA. Aquelas familias que non sexan socias deberán pagar 5 euros por familia. Permítese acudir aos irmáns que non estuden na nosa escola.

Para máis información:

https://anpagandara.miampa.com

WhatsApp: 670758749

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL