Hoxe, grazas á colaboración de Acrómates, ColorAdd, Adrián Salgado, o Concello de Monforte e Kidacu tivemos a oportunidade de sensibilizarnos, detectar e entender mellor o daltonismo en xeral e, en particular, a realidade de Diana, a nosa compañeira de 5º de Primaria, que convive coa Acromatopsia, un trastorno moi pouco común que afecta ao funcionamento dos conos dos seus ollos. Unha nova forma, por tanto, de implicar e incluír na vida do centro as peculiaridades e características do alumnado. Foi un auténtico pracer.