Día do Libro 2024

Este 23 de abril celebramos o día do libro conmemorando ao longo da semana esta festividade con diferentes propostas de actividade. 

 

Comezamos ambientando a entrada do cole cun tendal literario, no que puidemos observar as portadas dos nosos libros preferidos en diferentes pezas de roupa (camisetas, saias e pantalóns).


Nos momentos de patio tivemos a ocasión de gozar da “Bibliopatio” con libros de diversos xéneros literarios.

Así mesmo, tivemos a visita de varios autores á nosa biblioteca de centro. 

 

Educación infantil e primeiro e segundo Educación Primaria recibiron a visita de Estefanía Padulles, escritora de libros por exemplo, “O desexo do gato Klops”.

 

O alumnado de terceiro e cuarto de Educación Primaria gozaron da visita de Eva Teixeiro, destacada por obras como “Mapa.gal” .

 

Os máis maiores do cole puideron pasar un marabilloso momento literario con Andrea Micc, escritora de obras como "Crónicas de Vanusum I. O Reino dos Reinos”, e o noso recoñecido mestre e escritor Nelson Leite, destacado pola súa obra “Solpor”.

 

 

 
https://youtu.be/kYC-MKBl6zA?si=mD8zWYZxXnGz8VLj

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL