A semana pasada recibimos a visita de dúas familias de tres e cinco anos para realizar dous talleres.
O primeiro deles introduciunos nos cinco sentidos corporais a través da observación, exploración e experimentación de diferentes obxectos e materiais, ligándose así estas propostas ao proxecto do corpo que estamos a traballar este curso en cinco anos.
O segundo deles achegounos a costumes e a tradicións populares como é a festividade de Pascua mediante a lectura, a arte e a lúdica procura de ovos de pascua na contorna escolar.
Grazas familias por compartir o voso tempo e estas experiencias connosco!
https://youtube.com/shorts/Hw8skK7ZFdY?si=eNSA-xtJ4_zhaPvO