En conmemoración do día da muller día, 8 de marzo, realizamos as seguintes actividades:
Recibimos a maleta da igualdade as aulas infantil e primeiro e segundo ciclo de educación primaria, coas cales puidemos abrirnos a un novo mundo de recursos literarios, que traballan en igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero.
Deixámosvos a continuación unha ligazón a dita proposta.
Así mesmo, o martes recibimos a visita do CEE Infanta Elena, onde desfrutamos dunha contada. Neste caso traballamos a igualdade entre homes e mulleres co conto “Cando as nenas voan alto”.
Esta semana tamén estamos a conmemorar a semana da prensa, polo que creamos un xornal con mulleres relevantes de Galicia. Podedes observalo a continuación.
Finalmente, deixámosvos unha ligazón a lectura recomendadas para o día da muller no PDF da parte inferior desta entrada.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AS GANDARICIAS DIA DA MULLER 2024_compressed.pdf | 2.49 MB |
Lecturas recomendadas Día da muller.pdf | 798.91 KB |