Tras a visita do pregoeiro anunciando a desaparición de Gandariña (mascota da biblioteca), o alumnado do CEIP a Gándara reencontrase con ela a través de diversas probas lúdicas.
As xornadas de procura da mascota polas que pasaron todas as etapas do centro consistiron nunha ximcana con enigmáticos e misteriosos xogos (quebracabezas, xeroglíficos, procuras en libros) nos cales foron descubrindo pistas para chegar á peza crave do seu encontro, a súa localización actual.
Ademais aproveitamos as xornadas para realizar unha formación de usuarios, dotando ao alumnado e profesorado de habilidades prácticas para un bo uso e funcionamento da biblioteca.
Deixámosvos un tríptico informativo para facilitar unha bo utilización e aproveitamento dos seus recursos e posibilidades.