O alumnado de 5º e 6º de E.Infantil e de 5º e 6º de E.Primaria participou no
CORRELINGUA 2023
Hoxe chamáronnos a marea amarela pois esa foi a cor que nos distinguiu do resto de centros de ensino participantes nesta marcha en prol da lingua galega.
Baixo o lema : " Na casa, na escola, bota a lingua fóra " partimos do Campo da Virxe e percorremos o camiño ata o Parque dos Condes onde asistimos a un breve espectáculo de maxia e un concerto do grupo Cuarta Xusta.
Para ver o vídeo resumo desta actividade picade na seguinte ligazón :