A renovación do consello escolar levarase a cabo segundo a calendario que a continuación se adxunta.
Nesta convocatoria deberán renovarse:
- Dous representantes das familias
- Dous representantes do profesorado
- Un representante do persoal non docente
Podedes consultar os censos de cada un dos sectores no taboleiro de anuncios do centro.
O prazo de presentación de candidaturas iníciase mañá, martes 8 de novembro, e remata o próximo martes, día 15 de novembro.
Adxunto podedes descargar os impresos de presentación de candidaturas, que tamén podedes cubrir na secretaría do colexio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Candidaturas (familias).pdf | 170.86 KB |
Candidaturas (persoal non docente).pdf | 173.55 KB |
Candidaturas (profesorado).pdf | 175.16 KB |