Un paseo por Monforte.

O alumnado de 4º de E.Primaria saiu o pasado martes 14 de xuño a dar un " Paseo por Monforte" . O itinerario foi o seguinte :  Campo de S.Antonio, Ponte Vella, Paseo do río, Pasarela sobre o Cabe, Casa máis estreita de Galicia, Patio do Museo do Viño, Praza de España, Parque dos Condes e Xardín da Compañía. Unha divertida mañá de confraternización fóra das portas do colexio.

Podedes ver o vídeo resumo desta saída picando na seguinte ligazón : 

https://youtu.be/5kiFxD__WFI