Nos últimos días algúns dos espazos máis representativos da cidade do Cabe estiveron ocupados por rapaces que bailaban mentres un grupo de adultos rexistraba eses intres cunha cámara. O Parque dos Condes e os Escolapios foron algúns deses espazos nos que se concentrou a actividade. A idea partiu de Amanita Films, unha productora local que quixo encher as rúas de música e alegría para elaborar un lipdub -que vén sendo unha coreografía no exterior e con moitos participantes- sobre Monforte e as súas xentes.
Fonte: EL PROGRESO