A concelleira de Educación e Cultura, Pilar López, entregou na Biblioteca Pública Municipal os premios ós/ás gañadores/as do certame de Poesía de Nadal.
Pilar López agradeceu a participación neste certame de máis dun cento de rapaces e rapazas, así como a colaboración dos colexios da cidade para levalo a cabo. A concelleira felicitou a tódolos/as participantes, especialmente ós/ás gañadores/as a nivel local, e desexoulles sorte no certame provincial.
Os gañadores/as das diferentes categorías foron os/as seguintes:
CATEGORÍA A, ata 8 anos
1º premio, Álvaro Buitrón Amaro, CEIP A Gándara
2º premio, Heidi de León Brito, CEIP A Gándara
3º premio, Lucía Rivada Rodríguez, CEIP A Gándara
CATEGORÍA B, 9,10 e 11anos
1º premio, Tomás Rodríguez Castro, colexio Ferroviario
2º premio, Saúl Fajardo Iglesias, CEIP Monforte
3º premio, Isis Ouro Sánchez, CEIP A Gándara
CATEGORÍA C, de 12 a 15 anos
1º premio, Lucía Amaro Losada, IES A Pinguela
2º premio, Tamara Oviedo Fernández, colexio Ferroviario
3º premio, Thalía de Sousa González, CEIP A Gándara
Dende o Concello agradécese a participación dos rapaces e rapazas neste certame e felicítase ós/ás gañadores/as.
Fonte: http://www.monfortedelemos.es/noticias.asp?sec=5&id=4119