Proxecto Xornada Única

Tal e como establece a Orde do 29 de Maio de 2008, pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta, os centros educativos organizarán unha fase de información sobre o mencionado plan cun mes de antelación á celebración das votacións do sector de pais, nais ou titores legais.

 

Poden consultar o proxecto facendo clic no seguinte enlace. 

Tamén poden consultar o tríptico informativo clicando no seguinte enlace.

 

A VOTACIÓN DO SECTOR DE NAIS E PAIS SERÁ O MÉRCORES 25 DE FEBREIRO.

 

Poden comprobar os seus datos do censo a partir de hoxe, mércores 28 de xaneiro, expostos no taboleiro de anuncios.

 

Debido á importancia da súa participación, rogámoslles que acudan tanto á charla informativa como á votación que se celebrará o mércores 25 de febreiro.

 

Haberá varias reunións informativas:

  • Educación Infantil: Xoves 19 de febreiro
  • 1º Ciclo de Primaria: Xoves 19 de febreiro
  • 2º Ciclo de Primaria: Xoves 12 de febreiro
  • 3º Ciclo de Primaria: Xoves 12 de febreiro

 

 

 

Estas reunións celebraranse na biblioteca do noso centro ás 17:00 horas. Se non pode vir a reunión correspondente ao grupo do seu fillo/a pero pode acudir a alguna das outras, pedímoslle que o faga para que ningún pai/nai/titor quede sen información.

 

Tamén poden acudir ao centro calquer outro día en horario de atención a pais/nais para solicitar información.

 

Se teñen algunha dúbida poden achegarse ao noso centro para solucionala ou ben chamar ao teléfono 982 400 158

AdxuntoTamaño
Proxecto Xornada 2015 26-01.pdf602.43 KB
Proxecto Xornada 2015 09-02.pdf982.37 KB
NOVAS

BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL