O PASADO DÍA 3 DE FEBREIRO OS NENOS E NENAS DE 6º CURSO FIXERON UNHA ACTIVIDADE RELACIONADA CUNHA TRADICIÓN MOI ARRAIGADA EN MONFORTE E COMARCA, A SUBIDA A SAN VICENTE DO PINO, PARA A BENDICIÓN DE ROSCAS E CINTAS EN HONOR A SAN BRAIS.
O VENRES, DÍA 31, COA AXUDA DA NOSA COCIÑEIRA, BERTA, FIXEMOS AS ROSCAS. PRIMEIRO DEULLES OS INGREDIENTES E FOILLELA EXPLICANDO PASO A PASO PARA FACER A MASA. DEIXOUSE REPOSAR E LOGO POLA TARDE OS NENOS E NENAS FIXERON ELES AS ROSCAS, PARA DESPOIS METELAS NO FORNO BERTA.
O LÚNS , DÍA 3, BAIXAMOS A MONFORTE , PERO ANTES DE SUBIR A SAN VICENTE FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE POLO CENTRO HISTÓRICO DE MONFORTE PARA QUE OS NENOS E NENAS O COÑECERAN MELLOR. COMO NOS CHOVEU UN POUCO TIVEMOS QUE FACER UNHA PARADA TÉCNICA NO RESTAURANTE " O GRELO" PARA TOMAR UN COLACAO QUENTE E SECARNOS UN POUCO NA CHIMENEA.
CANDO DEIXOU DE CHOVER EMPRENDEMOS A MARCHA ATA SAN VICENTE ONDE NOS ESPERABAN OS SACERDOTES, ANTÓN E RAFAEL, PARA EXPLICARNOS A TRADICIÓN E BENDECIR AS ROSCAS E AS CINTAS.
AO REMATAR A BENDICIÓN SAÍMOS E DEGUSTAMOS AS NOSAS ROSCAS, E LOGO EMPRENDEMOS O REGRESO ATA O COLEXIO.