ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO “CEIP A GÁNDARA” , COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2010-2011.
As nais, os pais e os/as titores/a legais de alumnos deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2010-2011, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan en Dirección. O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 30 de setembro de 2010, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 31 de decembro de 2010.
Durante o curso escolar 2010-2011 so se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.
Monforte de Lemos , 3 de setembro de 2010