Este 23 de abril celebramos o día do libro conmemorando ao longo da semana esta festividade con diferentes propostas de actividade.
Para celebrar o Día da Poesía o alumnado do CEIP A Gándara creou uns creativos dioramas que expoñen as diversas poesías de Eva Teixeira sobre a natureza en caixas de cartón, a sustentabilidade e a reciclaxe, ao mesmo tempo que poñen a relucir as capacidades artísticas e creativas dos máis pequenos. Deixámosvos un vídeo deles para que poidades gozar tanto como nós destas creacións.
A semana pasada recibimos a visita de dúas familias de tres e cinco anos para realizar dous talleres.
O primeiro deles introduciunos nos cinco sentidos corporais a través da observación, exploración e experimentación de diferentes obxectos e materiais, ligándose así estas propostas ao proxecto do corpo que estamos a traballar este curso en cinco anos.
O segundo deles achegounos a costumes e a tradicións populares como é a festividade de Pascua mediante a lectura, a arte e a lúdica procura de ovos de pascua na contorna escolar.
Grazas familias por compartir o voso tempo e estas experiencias connosco!
En conmemoración do día da muller día, 8 de marzo, realizamos as seguintes actividades:
Nesta xornada o alumnado de 5 anos A acudiu ó Infanta Elena recibir a contada do libro Os meus veciños favorecendo así a comprensión lectora ao tempo que espertamos valores como a amizade e a inclusión.