blogue deIsabel S

Torre de densidades

Nesta seguinte entrada podedes ver como o alumnado de 4º experimentou coas diferentes densidades dos líquidos e tentaron adiviñar cal deles quedaría abaixo e cal enriba na nosa torre.

E vós, sabedes porque ocorre isto?

CLUB DE CIENCIA

O Club de Ciencia da Gándara xa está en funcionamento!

Nesta ocasión o alumnado de 4º de Primaria experimentou con maicena e auga para crear un fluído non newtoniano. 

E vós que credes? É sólido ou líquido? 

Aquí podedes ver o resultado! Non perdades detalle porque a ciencia continúa...

TRÍPTICO BIBLIOTECA

Neste novo curso e despois de moito traballo a biblioteca do CEIP Plurilingüe A Gándara abre as súas portas, e para que non vos perdades nadiña, deixámosvos un tríptico no que tedes toda a información sobre como atopar os libros, o seu horario e as normas que temos que cumprir na mesma.

Botádelle unha ollada e somerxédevos coa Gandariña na nosa biblioteca!

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL