blogue deangelesrodriguez

Obradoiro " OUTONÍA " en 6ºB de E.Primaria.

O alumnado de 6ºB de E.Primaria desfrutou de dúas sesión do obradoiro " Outonía " impartido por Branca Albán, unha das traballadoras desta cooperativa.

A través dunha metodoloxía baseada no " sentir-pensar " o obxectivo fundamental é tomar consciencia do medio onde viven e cara onde queren ir.

A partires das propias vivencias e o seu corpo traballaron temas como a diversidade, a igualdade e a sexualidade.

Esta actividade foi organizada pola ANPA do noso centro.

Para ver un vídeo resumo destas sesións, picade na seguinte ligazón :

                               https://youtu.be/aNkuzBGDi5k

Saída Micolóxica de 6º de E.Primaria

O alumnado de 6º de E.Primaria realizou unha interesante e divertida actividade micolóxica da man de Carlos, de Terras de María Castaña.

Comezou no colexio cunha charla onde aprendemos as características dos diferentes tipos de cogomelos.

Logo, desprazámonos ata o veciño concello de Bóveda para buscalos e posteriormente clasificalos.

Para ver o vídeo resumo desta actividade, picade na seguinte ligazón : 

                           https://youtu.be/plTfsEG8P40

Exposición de Pintura. 6º de E.Primaria

O pasado xoves día 26, o alumnado de 6º de E.Primaria visitou as instalacións de Abanca para ver unha exposición de pintura titulada :

            " Percorridos : do real ao imaxinado " de Anabel Álvarez Goyanes .

  Para ver un resumo en fotos desta saída picade na seguinte ligazón : 

                              https://youtu.be/c8S1YwOn-Io

III FEIRA DE MOSTRAS

Chegou o día de coller as vacacións e despedímonos desfrutando coa :

                                        III FEIRA DE MOSTRAS

                           

                        

Proxecto de Plurilingüismo e Viaxe a Chaves.

O alumnado de 5º de E.Primaria desenvolveu ao longo do pasado curso escolar un Proxecto integramente en Lingua Portuguesa dirixido polo profe Nelson.

Este ano en recoñecemento ao gran traballo que fixeron ,viaxamos a Chaves ( Portugal )

Alí visitamos o Museu da Regiao Flaviense,  unha exposición sobre a fauna e a flora invasoras de LIFE INVASAQUA, tamén o castelo e a fortaleza e rematamos o día desfrutando nas piscinas.

Poderedes ver os vídeos resumo destas actividades picando nas ligazóns correspondentes :

Vídeo resumo do Proxecto de Plurilingüísmo do pasado curso : 

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL