NOTA RECORDATORIA
Estimados pais/nais/titores: O xoves, 27 de novembro de 2014 terá lugar no CEIP “A Gándara” a elección, mediante voto directo, secreto e non delegable, de DOUS representantes de pais/nais de alumnas/os para o Consello Escolar do Centro, de acordo coas seguintes indicacións:
- Lugar de votación: AULA MULTIUSOS (antiga biblioteca do Centro).
- Horario de votación: de 10.05 horas a 17.00 horas.
- Son electores e polo tanto poden votar o pai e nai dos alumnos/as do centro que compoñen o censo electoral.
- Será necesario para votar presentar o DNI ou outro documento acreditativo oficial.
- Cada votante marcará na papeleta un máximo de un dos seguintescandidatos:
Don Damián Ríos Calvar.
Dona Asunción Castiñeira Defente.
Don Luis Alberto Domínguez Eireos.
Dona Sonia Montaña Núñez.
Monforte de Lemos, 17 de Novembro de 2014.
A XUNTA ELECTORAL
PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS ELECTOS
Rematadas as eleccións para a renovación parcial dos sectores de pais/nais e profesores/as do Consello Escolar do CEIP A GÁNDARA, a Xunta Electoral resolveu PROCLAR aos seguintes candidatos elixidos:
1. Sector Profesorado:
§ Dona María Luisa Martín González.
§ Sara Martínez Gallego.
2. Sector Pais/Nais alumnos/as:
§ Don Luis Alberto Domínguez Eireos.
§ Don Damián Ríos Calvar.
§ Dona Rosa Rodríguez García (ANPA).
Monforte, 27 de novembro de 2014
A PRESIDENTA
Estimadas familias:
Mañá martes día 11 de Novembro, e sempre que as condicións climatolóxicas o permitan, temos previsto celebrar o Magosto no noso colexio. Comeremos castañas asadas e chocolate quente.
Estades invitados a esta celebración que comezará ás 16:00 no noso patio.
En caso de asistir, e pola propia seguridade dos nenos/as, rogámosvos que non levedes aos vosos/fillos antes do horario normal de saída. Antes de soar o timbre, os nenos/as deben subir ás súas clases para recoller as mochilas e formar as filas, polo que agradeceríamos que o procedemento de saída do alumnado se realice do mesmo xeito que o resto dos días, para evitar posibles incidencias.
Agradecemos enormemente a súa colaboración.