A VOTACIÓN DO SECTOR DE NAIS/PAIS PARA A XORNADA ÚNICA SERÁ O MÉRCORES 25 de FEBREIRO NO SEGUINTE HORARIO
9:45 - 13:45
14:45 - 18:45
Lembrámoslles que so poderá votar a nai, ou o pai, ou un dos titores legais.
LISTAS DEFINITIVAS DAS SOLICITUDES DE AMISIÓN PARA O CURSO 2016/2017: Todas as solicitudes presentadas obtiveran praza.
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, publícanse os formularios de solicitudes para o curso 2016/17, en galego e castelán.
Prazo de presentación da solicitude de admisión: O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos os dous inclusive (este ano do 19 ao 28 de marzo vacacións de Semana Santa e 29 festa local, polo que o prazo rematará o 30 de marzo).
Pulse aquí para acceder á documentación -->http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048
NIVEL | Nº PRAZAS |
4º de Infantil - 3 anos | 22 + 3 nee |
5º de Infantil - 4 anos | 5 |
6º de Infantil - 5 anos | 3 |
1º de Primaria | 2 + (0 nee) |
2º de Primaria | 2 |
3º de Primaria | 4 |
4º de Primaria | 18 |
5º de Primaria | 24 |
6º de Primaria | 21 |
A concelleira de Educación e Cultura, Pilar López, entregou na Biblioteca Pública Municipal os premios ós/ás gañadores/as do certame de Poesía de Nadal.
Pilar López agradeceu a participación neste certame de máis dun cento de rapaces e rapazas, así como a colaboración dos colexios da cidade para levalo a cabo. A concelleira felicitou a tódolos/as participantes, especialmente ós/ás gañadores/as a nivel local, e desexoulles sorte no certame provincial.
Os gañadores/as das diferentes categorías foron os/as seguintes:
CATEGORÍA A, ata 8 anos
1º premio, Álvaro Buitrón Amaro, CEIP A Gándara
2º premio, Heidi de León Brito, CEIP A Gándara
3º premio, Lucía Rivada Rodríguez, CEIP A Gándara
CATEGORÍA B, 9,10 e 11anos
1º premio, Tomás Rodríguez Castro, colexio Ferroviario
2º premio, Saúl Fajardo Iglesias, CEIP Monforte
3º premio, Isis Ouro Sánchez, CEIP A Gándara
CATEGORÍA C, de 12 a 15 anos
1º premio, Lucía Amaro Losada, IES A Pinguela
2º premio, Tamara Oviedo Fernández, colexio Ferroviario
3º premio, Thalía de Sousa González, CEIP A Gándara
Dende o Concello agradécese a participación dos rapaces e rapazas neste certame e felicítase ós/ás gañadores/as.
Fonte: http://www.monfortedelemos.es/noticias.asp?sec=5&id=4119
Tal e como establece a Orde do 29 de Maio de 2008, pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta, os centros educativos organizarán unha fase de información sobre o mencionado plan cun mes de antelación á celebración das votacións do sector de pais, nais ou titores legais.
Poden consultar o proxecto facendo clic no seguinte enlace.
Tamén poden consultar o tríptico informativo clicando no seguinte enlace.
A VOTACIÓN DO SECTOR DE NAIS E PAIS SERÁ O MÉRCORES 25 DE FEBREIRO.
Poden comprobar os seus datos do censo a partir de hoxe, mércores 28 de xaneiro, expostos no taboleiro de anuncios.
Debido á importancia da súa participación, rogámoslles que acudan tanto á charla informativa como á votación que se celebrará o mércores 25 de febreiro.
Haberá varias reunións informativas:
Estas reunións celebraranse na biblioteca do noso centro ás 17:00 horas. Se non pode vir a reunión correspondente ao grupo do seu fillo/a pero pode acudir a alguna das outras, pedímoslle que o faga para que ningún pai/nai/titor quede sen información.
Tamén poden acudir ao centro calquer outro día en horario de atención a pais/nais para solicitar información.
Se teñen algunha dúbida poden achegarse ao noso centro para solucionala ou ben chamar ao teléfono 982 400 158