Hoxe despedimos por xubilación á nosa compañeira Mercedes Fernández, especialista de E.Infantil e de Audición e Linguaxe.
Despois de máis de 38 anos de carreira profesional e no noso cole máis de 25 deles, desexámoslle que desfrute o máximo posible desta nova etapa que vén de comezar.
Traballo realizado polo alumnado de 2ºA e 2ºB de E.Primaria en C.Naturais coa súa mestra Beatriz Veiga. Así de bonito quedou :
O pasado luns día 13, o alumnado de 5º de E.Primaria recibiu unha charla moi interesante sobre Educación Afectivo-Sexual .
Moitas grazas á matrona Dª Sonia Vázquez Vilabrille, do Colexio de Enfermería de Lugo por ensinarnos tantas cousas dun xeito ameno e distendido.
Aquí tedes unha fotos desta sesión :
O pasado xoves día 09 o alumnado de 3º ciclo de E.Primaria viaxou á cidade da Coruña para visitar a Domus e o Aquarium Finisterrae.
Para ver o vídeo-resumo desta viaxe picade na seguinte ligazón :
No noso cole temos uns cociñeiros e cociñeiras fantásticos ! Así o demostraron os nosos nenos e nenas de 5º de E.Infantil no obradoiro de minipizzas que fixeron coas súas profes e coa axuda da nai de Pepe dentro do proxecto no que están traballando sobre O mundo :
" Estamos en Italia "
Para ver o vídeo do ben que o fixeron picade na seguinte ligazón :