Curso 2024 - 2025

HORARIO

Somos un centro educativo con xornada partida.

Desde OUTUBRO a MAIO, entramos ás 10:05 horas, saímos ás 14:00 horas, temos unha hora para comer e, logo, temos unha última sesión de tarde que inclúe o tempo de ler desde as 15:00 ás 16:05 horas.

Durante os meses de SETEMBRO e de XUÑO temos xornada continuada, entrando ás 8:55 horas e saíndo ás 13:15 horas. O servizo de comedor prolóngase ata as 14:00 horas.

Datos de contacto

Ubicación

O noso colexio, CEIP Plurilingüe A Gándara, está situado na capitalidade do municipio, en Monforte de Lemos. Este concello ocupa unha chaira ao sur da provincia de Lugo, na zona xeográfica coñecida como Terra de Lemos co río Cabe como principal arteria fluvial.

Monforte é a segunda cidade lucense con maior densidade de poboación e presenta un gran patrimonio histórico: a Torre da Homenaxe, a muralla e as torres de garda, o Pazo dos Condes, os Escolapios, a Ponte Romana, o casco antigo...

Mapa

 

 

 

 

Plan de Lectura

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL