blogue demjosefernandez

MANIFESTO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 novembro

  O alumnado de 6º de primaria pon voz e le este manifesto que TODO O CENTRO EDUCATIVO SUSCRIBIMOS. Desde o noso centro escolar gritamos: BASTA XA!!!!  BASTA XA!!!!  BASTA XA!!!!!

  Sabemos que a VIOLENCIA pódese manifestar de varios xeitos, con agresividade, pegando, dicindo palabras mal soantes... pero tamén dunha maneira máis delicada e case imperceptible: desprezando á outra persoa, rexeitando as súas ideas, ilusións e intereses...

A PORTA VIOLETA. 25 novembro: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Desde 3º a 6º de primaria interpretaron esta canción que expresa a busca dunha porta pola que saír e liberarse de quen oprime empregando a violencia de xénero.

 

 

Experimento: AREA MÁXICA

Estamos en novembro, MES DA CIENCIA.

Paula, alumna de 6º de Primaria, realiza este experimento "máxico" con 3 ingredientes: fariña, aceite e tinte rosa.

Como goza da súa creación!!!!

 

MAGOSTO 2021: Xogos

O MAGOSTO 2021 celebrámolo o venres, 12 de novembro, e estivo cheo de XOGOS que "moveron" a todo o alumnado do noso cole da Gándara.

Foi un día inolvidable, as imaxes o reflicten.

Mirade! Mirade!

 

En busca de... COGOMELOS !!!

O mércores, 10 de novembro, os grupos de 5º e 6º de primaria saíron coas súas cestiñas en BUSCA DE... COGOMELOS!!! 

A experiencia micolóxica foi guiada por CARLOS PÉREZ de TERRAS DE MARÍA CASTAÑA, froitería situada na Praza de Abastos de Monforte de Lemos.

Aquí tedes, en dous minutiños, o resumo en imaxes de como o viviron.