A verdade, a excursión ao Ecomuseo de Arxeriz foi toda unha experiencia. Nel, esperábannos unhas auténticas profesionais que fixeron que a nosa visita fose realmente interesante!!
Este 23 de abril celebramos o día do libro conmemorando ao longo da semana esta festividade con diferentes propostas de actividade.
O alumnado de 5º B de E.Primaria recibiu unha charla sobre sexualidade o pasado 15 de abril. Foi impartida por Sonia, comadrona do Colexio de Enfermería de Lugo. Para ver o vídeo resumo desta sesión hai que picar na seguinte ligazón :
Moito traballaron os nosos nenos e nenas de 3º e 4º de E.Primaria no horto !
4º de E.Primaria repuxo fresas, do proxecto do ano pasado e 3º de E.Primaria plantou aromáticas de 2 tipos : alfabegas comestibles e alfabegas contra os mosquitos, do proxecto deste curso. E todo coa axuda da profe Sara, a nosa coordinadora do Proxecto Voz Natura.Para ver o vídeo resumo desta actividade, picade na seguinte ligazón :
Así de bonito quedou o Mural da Primavera realizado por todos os nenos e nenas do cole. Para ver o vídeo resumo picade na seguinte ligazón :