CEIP Plurilingüe A Gándara

Circuito Electro Golf

Continuamos no programa Digicraft cunha nova actividade chamada "Electro Golf". Os nenos e nenas de 4º e 6º construiron un circuíto parecido ao mini-golf pero que, conectado ao ordenador cunha placa chamada Makey Makey, emite sons cando o disco que fai de pelota, choca cun obstáculo. Todo esto, creado a través da aplicaciçon web "Scratch".

 

Semana das Letras Galegas

Comezamos a traballar a semana das Letras Galegas con un xogo de busca, tomando como protoganistas os negocios locais da cidade de Monforte de Lemos, e máis concretamente os dos familiares do noso alumnado. Así, a través do vídeo que se pode ver a continuación, os discentes deben buscar pistas para conseguir atopar unhas palabras relacionadas coa semana das Letras Galegas. Pensades que serán capaces de conseguir atopar todas as pistas? Pronto o saberemos. Por o de agora vexamos o que nos conta a investigadora Xana. 

 

 

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

2  DE MAIO

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 

O día 2 de maio é o día en contra do Acoso Escolar. os nenos e nenas fixeron varias actividades relacionadas con este tema e para a ocasión preparouse un mural representativo.

 

 

Día Internacional contra o Acoso Escolar

Os nenos e nenas de 4º Curso de Educación Primaria prepararon unha canción para conmemorar o Día Internacional contra o Acoso Escolar empregando de base "We are the world". 

 

DÍA DO LIBRO

 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 

A semana do 19 ao 23 de abril adicouse a celebración do día do libro que se celebra o 23.

O equipo de Actividades complementarias e Extraescolares participou ca preparación dun mural para que os cursos colocaran os traballos realizados a partires dun libro que leron.

O mural colocouse na biblioteca escolar para darlle a benvida a poeta Olga Novo que nos fixo unha visita o día 23.