O pasado 26 de abril os cativos de 1º e 2º de Primaria fixeron unha saída escolar a Samos. Puideron participar en diferentes actividades ao longo do día: escape room, xincana de xogos populares e andaina cun percorrido do Camiño de Santiago.
O pasado día 15 de maio conmemoramos o Día das Familias. Compartimos unha xornada de carreiras e xogo cos e coas protagonistas do noso cole. Botade unha ollada!
Que mellor maneira de festexar o DIA DAS LETRAS GALEGAS que lendo un libro!
Aquí van unhas recomendacións para as nenas e nenos de Infantil e Primaria (en orde, de esquerda a dereita, de menor a maior idade).
O coelliño branco
El pollo Pepe
Quen vén esta noite?
¿Qué bigotes me pasa?
Maruxa
La bruja Pampurrias
A que sabe a Lúa?
Ruidosa
A cazadora de estrelas
El club de los raros
Subnormal
Querido hijo: estamos en huelga
Este mural de LERFLIX podédelo ver (cos resumos no interior de cada libro) na entrada ao colexio.
O alumnado de 3º ciclo de E.Primaria participou nunha actividade impartida polo Subinspector da Comisaría de Monforte de Lemos : D.Luis M. Santorun.
A charla foi moi interesante e os temas que se trataron están de completa actualidade e afectan de cheo á xenta nova tales como os perigos da internet e o acoso escolar a través das redes sociais.
Aquí están algunhas fotos desta actividade que se levou a cabo na biblioteca do centro :