O pasado venres, 24 de maio de 2024, o alumnado de Educación Infantil acompañado do seus docentes e unha coidadora realizou unha saída escolar ao centro de ocio ACOUGO, situado en Vilamarín, na provincia de Ourense. E, para rematar, pararon a merendar no parque infantil de Ferreira de Pantón.
Queredes ver que fixeron e como o pasaron? Mirade este video e sairedes de dúbidas.
Ao longo do mércores e o xoves ( 22 e 23 de maio respectivamente ) todo o alumnado do cole participou nunha interesante e divertida actividade sobre Educación Vial impartida por Dª.Laura García Crespo e D.José Ramón López Iglesias, pertencentes á Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Lugo.
Poderedes ver o resumo desta actividade picando nas seguintes ligazóns :
https://www.youtube.com/watch?v=PEh0phdFNBk ( E.Infantil )
Con motivo do DÍA DA FAMILIA que se celebra cada ano no 15 de maio, o equipo docente de educación infantil convidou ás familias do alumnado para vir correr no cole cos máis peques. Nesta ocasión, o tempo meteorolóxico levounos a facer esta maratón no pavillón deportivo. E, ao final, quen quixo puido correr e correr... Que bonito foi ver a ilusión e as ganas que puxeron todos os participantes!
O pasado venres a ANPA organizou un feixe de actividades para os pequenos e pequenas con acampada incluida polo que a festa continuou o sábado pola mañá.
Esta semana pasada celebramos os Maios por todo ó alto! O mércores 8 de maio algúns pequenos/as achegáronse á Praza de España para interpretar con voz e instrumentos unha copla que cautivou a todo o púbico. O vernres tocou festexar no colexio xunto cos compañeiros do CEE Infanta Elena.
Se queres ver o vídeo resumo da festa dos Maios, mira a continuación: