Aquí vos deixamos un vídeo que preparamos con algunha das actividades que fixemos no colexio para conmemorar o :
DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO.
Poderedes velo picando na seguinte ligazón : https://youtu.be/iaxopfoi8Uc
Felicitamos á nosa alumna Anabella, de 5º de E.Primaria polo seu DIPLOMA na XIII edición do Concurso de Tarxetas de Nadal de La Voz de la Verdad.
Moitos parabéns !
Actividade para o alumnado de 6º de E.Primaria sobre os problemas da visión , a cegueira e as dificultades coas que se atopan a diario as persoas que as padecen .
Interesante sesión con Marta na que os rapaces e rapazas aprenderon a escribir os seus nomes co alfabeto BRAILLE e tamén experimentaron como ven as persoas con dificultades visuais grazas a unhas lentes especiais.
O pasado luns un axente da Policía Nacional de Monforte visitou aos alumnos de 6º de E.Primaria e grazas ás súas explicacións decatámonos de moitos dos perigos aos que estamos expostos se facemos un uso indebido das redes sociais e que non coñeciamos. Seguro que despois desta información faremos un uso máis responsable delas.
Así de bonito está o noso mural da Primavera.