Blogues

A PORTA VIOLETA. 25 novembro: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Desde 3º a 6º de primaria interpretaron esta canción que expresa a busca dunha porta pola que saír e liberarse de quen oprime empregando a violencia de xénero.

 

 

Experimento: AREA MÁXICA

Estamos en novembro, MES DA CIENCIA.

Paula, alumna de 6º de Primaria, realiza este experimento "máxico" con 3 ingredientes: fariña, aceite e tinte rosa.

Como goza da súa creación!!!!

 

MAGOSTO 2021: Xogos

O MAGOSTO 2021 celebrámolo o venres, 12 de novembro, e estivo cheo de XOGOS que "moveron" a todo o alumnado do noso cole da Gándara.

Foi un día inolvidable, as imaxes o reflicten.

Mirade! Mirade!

 

En busca de... COGOMELOS !!!

O mércores, 10 de novembro, os grupos de 5º e 6º de primaria saíron coas súas cestiñas en BUSCA DE... COGOMELOS!!! 

A experiencia micolóxica foi guiada por CARLOS PÉREZ de TERRAS DE MARÍA CASTAÑA, froitería situada na Praza de Abastos de Monforte de Lemos.

Aquí tedes, en dous minutiños, o resumo en imaxes de como o viviron.

AS CASTAÑAS. Poesía.

O alumnado de 1º e 2º recita esta poesía:

AS CASTAÑAS, SI!!!   AS CASTAÑAS, NON!!!

Queredes vela? Queres coñecela? Si? Non? Só necesitas darlle ao triángulo e...

 

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL