Blogues

Experimento: OS CARAVEIS SEDENTOS

O mes da Ciencia deu moito de si.

O grupo de 2º conseguiu TINGUIR uns CARAVEIS BRANCOS.

Como o fixeron? Escoitade a súa detallada explicación.

 

 

Experimento: VOLCÁN

Nas illas Canarias hai un volcán que entrou en erupción e aquí, no areeiro do noso cole, houbo explosións volcánicas producidas polo alumnado de 6º de infantil (5 anos).

Non vos enterastes? Pois os berros escoitáronse desde moi lonxe.

Queredes ver como fixeron este experimento? Clicade no seguinte vídeo.

 

Experimentos: COCIÑAR OVO e MEZCLAR CORES

O alumnado de 4º de INFANTIL (3 anos) guiado polas súas mestras, INÉS e PAZ, andiveron experimentando.

1º COCIÑARON UN OVO con ALCOHOL. Avisamos, o resultado non é comestible!!!

2º MESTURARON AS CORES AMARELA E AZUL. Que sairá de aí?

3º MEZCLARON AS CORES AMARELA E VERMELLA. Como? Mirade, mirade e aprendede!!

 

ARTURO E CLEMENTINA. 25 novembro. Día contra a violencia de xénero.

ADELA TURÍN escribiu o conto ARTURO E CLEMENTINA. Trátase dunha fábula protagonizada por dúas tartarugas con diferentes inquietudes e intereses que se namoran.

O alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria tivo a oportunidade de ver unha versión desta historia interpretada polo profesorado do noso cole.

ARTURO CLEMENTINA profes

 ARTURO vaise a pescar cada día. Deixaba soa a CLEMENTINA na casa, traíalle obxectos que non quería nin sabía como usar que lle pesaban moito sobre o seu caparazón.

-"Que farías ti sin min?"

-"Aburrirse é de parvos!!"

-"Coida isto, non o perdas! Eres moi despistada!!!"

MANIFESTO EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 novembro

  O alumnado de 6º de primaria pon voz e le este manifesto que TODO O CENTRO EDUCATIVO SUSCRIBIMOS. Desde o noso centro escolar gritamos: BASTA XA!!!!  BASTA XA!!!!  BASTA XA!!!!!

  Sabemos que a VIOLENCIA pódese manifestar de varios xeitos, con agresividade, pegando, dicindo palabras mal soantes... pero tamén dunha maneira máis delicada e case imperceptible: desprezando á outra persoa, rexeitando as súas ideas, ilusións e intereses...

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL