Curso 2021 - 2022

Maios 2022

Así de bonito quedou o Maio do cole  que leva por título :

                                    " REGANDO O NOSO HORTO ".

Tamén poderedes escoitar un trociño das coplas que compuxo o profe Nelson para tal evento picando na seguinte ligazón :https://youtu.be/QELy-l0As8M

Bailando no recreo.

Que ben o pasan os nosos nenos e nenas movendo o esqueleto nos recreos co profe Carlos.

Poderedes ver ao alumnado de 1º de E.Primaria bailando a coreografía do " Baile do corpo " de Coreokids picando na seguinte ligazón :

https://youtu.be/-8apth_BgHY

O alumnado de 2º de E.Primaria tamén o fai estupendamente bailando a coreografía do " Baile do corpo "de Coreokids. Picade na seguinte ligazón :

VISITA AO MUFERGA DO ALUMNADO DE 6º DE E.PRIMARIA

O pasado mércores o alumnado de 6º de E.Primaria visitou o Museo do Ferrocarril de Galicia ( MUFERGA

Locomotoras de vapor, diésel e eléctricas así como vagóns de diferentes épocas como o COCHE-CAMA  no que en 1948 se trasladou  D.Xoán de Borbón de Estoril a España.

Tamén viaxaron nun " tren obreiro " ata a nave da rotonda co seu transbordador xiratorio, único en España e que daba servizo de transporte público aos traballadores do depósito ferroviario de Monforte.

CONCURSO BOOKFACE DIA DO LIBRO 2022

ATENCIÓN ATENCIÓN!!!

NOVO CONCURSO!!

 

Con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, o 23 de abril de 2022, propoñémosvos un novo e divertido reto, un CONCUSO FOTOGRÁFICO. 

Visita do alumnado de 3º de E.Primaria ao Planetario do IES A Pinguela

Interesante visita do alumnado de 3º de E.Primaria ao Planetario do IES A PINGUELA o pasado mércores 06 de abril. Desfrutaron vendo as distintas constelacións, a orixe do universo e aprenderon tamén a apostar pola ASTRONOMÍA en detrimento da astroloxía, tal e como lles inculcou Matías, o seu guía nesta actividade galáctica. Pasárono en grande !

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL