A renovación do consello escolar levarase a cabo segundo a calendario que a continuación se adxunta.
Nesta convocatoria deberán renovarse:
- Dous representantes das familias
- Dous representantes do profesorado
- Un representante do persoal non docente
Podedes consultar os censos de cada un dos sectores no taboleiro de anuncios do centro.
O prazo de presentación de candidaturas iníciase mañá, martes 8 de novembro, e remata o próximo martes, día 15 de novembro.
Adxunto podedes descargar os impresos de presentación de candidaturas, que tamén podedes cubrir na secretaría do colexio.
Adxunto podedes descargar a relación de libros para o próximo curso.
Saúdos e feliz verán!
Destinatarios:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
Estimadas familias:
Desde hoxe mesmo, día 11 de xaneiro, e ata o día 8 de febreiro, as familias do alumnado de 6º de Educación Primaria podedes solicitar RESERVA DE PRAZA no IES RÍO CABE, instituto ao que está adscrito o noso centro.
Pódese cumprimentar a solicitude de xeito manual ou a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, seguindo o menú: Solicitudes> Reserva> Crear.
Esta solicitude deberase presentar no CENTRO EDUCATIVO DE ORIXE (no noso) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferida de presentación.
Aquelas familias que prefirades cubrir a solicitude en papel, poñédevos en contacto con nós, no teléfono ou ABALAR, e enviámosvos o formulario a través do alumnado.