Achégase o SAMAÍN e un ano máis os Departamentos de Actividades Complementarias e Dinamización da Lingua propóñennos esta divertida actividade para facer en familia :
Animádevos a participar !
O alumnado de 5º e 6º de E.Primaria asistiu a un concerto no Multiusos ofrecido polo violinista Florian Vlashi titulado : " O VIOLÍN NA ARTE DENDE O BARROCO ATA HOXE ".
Neste concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos,puidemos escoitar obras de Valente, Bach, Herrando, Sarasate, Quiroga, Kurtag, Xenakis e Chaplin.
Un interesante repertorio dende o Barroco ata os nosos días, onde se mezclaron música e pintura .
Para ver o vídeo resumo desta saída, picade na seguinte ligazón :
O xoves pasado os nenos e nenas de primeiro puideron disfrutar dun espectáculo de maxia baixo o título de "Habelas Hainas" que tivo lugar na Casa da Cultura de Monforte de Lemos. Foi un acontecemento cheo de intriga e sorpresas, no que non faltou a ilusión que sempre nos brindan os espectáculos de maxia.
Dentro do programa Voz Natura, o alumnado de 5º de E.Primaria comezou o curso colleitando os allos porros do horto escolar.
E que saborosos os guisos e purés que nos fai a nosa cociñeira Berta !
Para ver o vídeo desta actividade, picade na seguinte ligazón :