Este ano tivemos un Samaín moi musical. Poderedes ver as dúas cancións acompañadas á guitarra polos profes Nelson e Mª José, picando nas seguintes ligazóns :
https://youtu.be/eTnckCwQS7I ( profe Nelson )
https://youtu.be/xKnyQsFbdjw ( profe Mª José )
Tamén poderedes ver o vídeo das " Merendas monstruosas " de E.Infantil picando en :
A renovación do consello escolar levarase a cabo segundo a calendario que a continuación se adxunta.
Nesta convocatoria deberán renovarse:
- Dous representantes das familias
- Dous representantes do profesorado
- Un representante do persoal non docente
Podedes consultar os censos de cada un dos sectores no taboleiro de anuncios do centro.
O prazo de presentación de candidaturas iníciase mañá, martes 8 de novembro, e remata o próximo martes, día 15 de novembro.
Adxunto podedes descargar os impresos de presentación de candidaturas, que tamén podedes cubrir na secretaría do colexio.
Podedes inscrivirvos enviando mensaxe ao Whatsapp do cole. Grazas!
Chega O SAMAÍN e os nosos nenos e nenas traballaron arreo para deixar o cole así de
TERRORÍFICO !
Queredes ver como quedou ? Picade na seguinte ligazón :
Animádevos a participar!