O Samaín acércase e o cole transfórmase!!!
Queredes colaborar? Pois non traiades cabazas, nin arañas, nin morcegos... Este ano toca transformar unha vasoira e convertila en algo terrorífico. Atréveste?
Xa empezan a chegar... O prazo rematará o 30 de outubro. (O día 31 non haberá clase e o 1 de novembro, tampouco.)
O alumnado de 6º de E.Primaria realizou unha interesante e divertida actividade micolóxica da man de Carlos, de Terras de María Castaña.
Comezou no colexio cunha charla onde aprendemos as características dos diferentes tipos de cogomelos.
Logo, desprazámonos ata o veciño concello de Bóveda para buscalos e posteriormente clasificalos.
Para ver o vídeo resumo desta actividade, picade na seguinte ligazón :
A nosa mascota da biblioteca, Gandariña, precisa da túa creatividade! Está a buscar un novo corpo e queremos que ti sexas quen a axude a conseguilo. Participa no Concurso de Debuxo deseñando o corpo que máis che guste para Gandariña, e axúdanos a convertela na mascota de biblioteca máis fermosa da contorna.
Como participar:
• Fai un debuxo do corpo de Gandariña en formato folio.
• Entrega a túa proposta na biblioteca antes do 21 de outubro.
Este é o momento perfecto para deixar voar a túa imaxinación e colaborar co noso centro educativo! Contamos contigo!
Andando, andando... chegamos a MONFORTE!!!!
Case todo o colexio (menos o grupo dos peques de 3 anos) o venres, 4 de outubro, fixemos un tramo do CAMIÑO DO INVERNO que pasa por Monforte de Lemos.
E ademais de conseguir o selo, regaláronnos unha bolsa-mochila cunha mazá e un botellín de auga. Graciñas á unha organización moi previsora.
Queredes vernos na andaina? Clicade no seguinte vídeo.
Que aburrimento!!! Chove todo seguido e non podemos saír fóra!!!
QUEREDES FACER MANUALIDADES PARA A DECORACIÓN OUTONAL?
Aquel alumnado que o desexe pode facer nos seus fogares algo relacionado co tempo do outono e traelo ao colexio.
Veña!! Estamos desexando ver a vosa creatividade. Aquí tedes algunhas imaxes inspiradoras.