blogue deangelesrodriguez

A PRIMAVERA

 

Así de bonito está o noso mural da Primavera. 

ESCAPE ROOM

Co gallo do Día Internacional da Muller o alumnado de 6º de E.Primaria participou nun SCAPE ROOM educativo con temática de igualdade de xénero.

Esta actividade tivo unha duración duns 100 minutos durante os cales os alumnos/as, por grupos, enfrontáronse a unha ronda de preguntas ás que tiñan que dar solución para ir resolvendo as diferentes probas, sempre tendo en conta a información sobre as protagonistas : Mata Hari, Maruja Mallo, Isabel Zendal, Nefertiti...

2 grupos chegaron á proba final : " A Pirámide " na que un deles sería o gañador.

Todos/as desfrutaron un montón e o pasaron xenial !

 

BATUCADA

O venres de entroido viñeron a visitarnos os rapaces e rapazas do CEE INFANTA ELENA coa súa BATUCADA. Moitas grazas pola vosa actuación , fixéstelo moi ben !

DÍGOCHO EU ESPECIAL ENTROIDO !

Aquí tedes a nosa edición especial entroido do :  DÍGOCHO EU !

XOVES DE COMPADRES

Un ano máis o noso colexio partipou no concurso do XOVES DE COMPADRES organizado polo Concello de Monforte, acadando dous segundos premios :

2º premio INDIVIDUAL polo compadre : PREGOEIRO REAL


2º premio COLECTIVO polos compadres : PEREGRINOS            medalla-imagen-animada-0017 


Aquí quedan unhas fotos do evento :