Hoxe os nenos e nenas de Educación Primaria gozaron da segunda parte do obradoiro "Outonía". Nel aprenderon a importancia do recoñecemento do patrimonio cultural imaxinando como sería Monforte se non existisen elementos característicos desta cidade.
Aquí tedes a Canción do Magosto interpretada por todo o alumnado de E.Primaria. Dirixe o profe Nelson e acompaña Diana, alumna de 5º A.
Para ver o vídeo, picade na seguinte ligazón :
Hoxe fomos cos maiores do cole a visitar o planetario do IES A Pinguela.
O alumnado de 5º e 6º de E.Primaria participou hoxe dunha actividade de Iniciación á Micoloxía da man de Carlos, de Terras de María Castaña.
Despois de traballar na biblioteca do cole, saímos ata o Concello de Bóveda a buscar cogomelos e para rematar fíxose unha clasificación e exposición de todo o atopado.
Para ver o vídeo desta actividade, picade na seguinte ligazón :
Aquí está o vídeo das monstruosas merendas dos nosos nenos e nenas.
Para velo, picade na seguinte ligazón :