blogue deangelesrodriguez

Concurso de cabazas.

Achégase o SAMAÍN e un ano máis os Departamentos de Actividades Complementarias e Dinamización da Lingua propóñennos esta divertida actividade para facer en familia :

Animádevos a participar !

                  

                

Concerto de Florian Vlashi. 5º e 6º de E.Primaria.

O alumnado de 5º e 6º de E.Primaria asistiu a un concerto no Multiusos ofrecido polo violinista  Florian Vlashi titulado : " O VIOLÍN NA ARTE DENDE O BARROCO ATA HOXE ".

Neste concerto organizado pola Sociedade Filarmónica de Monforte de Lemos,puidemos escoitar obras de Valente, Bach, Herrando, Sarasate, Quiroga, Kurtag, Xenakis e Chaplin.

Un interesante repertorio dende o Barroco ata os nosos días, onde se mezclaron música e pintura .

Para ver o vídeo resumo desta saída, picade na seguinte ligazón : 

Proxecto Voz Natura. 5º de E.Primaria.

Dentro do programa Voz Natura, o alumnado de 5º de E.Primaria comezou  o curso colleitando os allos porros do horto escolar.

E que saborosos os guisos e purés que nos fai a nosa cociñeira Berta !

Para ver o vídeo desta actividade, picade na seguinte ligazón : 

https://youtu.be/iDiuhJIwHf8

Feira Fin de Curso

Chegou o derradeiro día do curso e montamos no cole unha FEIRA na que houbo de todo.

Para ver o vídeo picade na seguinte ligazón :

                                    https://youtu.be/aDime7B6olY

Convivencia 5º de E.Primaria

Xornada de convivencia en Seoane do alumnado de 5º de E.Primaria. Un día para pasalo ben comendo todos/as xuntos/as, facendo exercicio no parque dos maiores ou imaxinando un iglú feito de paraugas...

as...