Curso 2020 - 2021

Permisos e licenzas

Adxuntos inclúense os anexos IV e V que se han de cubrir para solicitar os permisos ou licenzas correspondentes.

Ámbolos dous son autoeditables e ámbolos dous poden ser enviados en formato dixital ao correo do centro, debidamente asinados.

Refráns populares co alumnado de cuarto

O alumnado de cuarto curso de Educación Primaria preparou estes refráns populares, en galego, para amosarnos un pouco máis da nosa cultura. Facendo así uso do noso idioma e dos ditos populares que nos acompañan dende fai anos. 

 

 

Refráns populares co alumnado de sexto

O alumnado de sexto curso de Educación Primaria preparou estes refráns populares para amosarnos un pouco máis da nosa cultura e da sabedoría popular. Non debemos perder nunca as nosas tradicións e debemos ensinarlles ao máis pequenos a gardar e conservar cousas tan fermosas coma estas. 

 

Día da Poesía

O alumnado de Educación Infantil recitou, para o Día da Poesía, un poema de Manuel María que leva por títuo "Poemiña para namorar unha rosa ". Son todos uns artistas fantásticos que amosaron, unha vez máis, que non hai nada que non sexan capaces de facer. 

 

 

 

Tamén o alumnado de 1º e 2º Curso de Educación Primaria quixo recitar os poemas elaborados por os nenos/as de terceiro e de cuarto. Non podemos estar máis orgullosos de todos eles. Son fantásticos!

 

Rutas

O noso centro conta con oito rutas de transporte escolar. A continuación detallamos as paradas asignadas actualmente a cada unha delas.

En función das necesidades que vaian xurdindo ao longo do curso escolar, solicitaranse novas paradas dentro dos recorridos de cada unha das rutas.

Ruta 1

Ruta 2

Ruta 3

Ruta 4

Ruta 5

Ruta 6

Ruta 7

Ruta 8

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL