blogue deangelesrodriguez

Visita ao IES A Pinguela. 1º ciclo de E.Primaria

O pasado venres día 02 os nenos e nenas de 1º e 2º de E.Primaria visitaron o IES A Pinguela.

Os dous cursos desfrutaron do Planetario e os de 2º ademais estiveron na Estación Meteorolóxica. 

O noso cole en contra da VIOLENCIA DE XÉNERO.

No noso cole sempre loitamos contra a VIOLENCIA DE XÉNERO.

Queredes ver como escoitamos hoxe  a lectura da Proclama e respectamos o Minuto de silencio ?

Picade na seguinte ligazón : https://youtu.be/aQditufzQ1U

25 de Novembro. 3º Ciclo de E.Primaria.

O  alumnado de 6º de E.Primaria foi o encargado de representar ao noso centro  durante a lectura do Manifesto en contra da Violencia de Xénero que se fixo na Praza do Concello. Despois, alumnos/as de todos os centros educativos leron e depositaron mensaxes de repulsa nunha urna colocada á entrada da Casa Consistorial.

Actividades de 5º e 6º de E.Primaria

O pasado xoves día 10 todo o alumnado de 3º ciclo participou na Andaina Escolar dende Reigada a Monforte de Lemos organizada pola ASOCIACIÓN CAMIÑOS A SANTIAGO POLA RIBEIRA SACRA. 

Podedes ver un vídeo resumo picando na seguinte ligazón : 

              https://youtu.be/ZovLVH4MD1k        

A Reciclaxe do Aceite de uso doméstico

O alumnado de 5º e 6º de E.Primaria asistiu na biblioteca a unha charla sobre :

            A RECOLLIDA E A RECICLAXE DO ACEITE DE USO DOMÉSTICO

Dita charla foi impartida por  Juan Carlos Prado ( Técnico de Medio Ambiente do Concello de Monforte de Lemos ) e Javier Pardo ( Representante de Green Ambiental, empresa que xestiona a reciclaxe para o noso concello )

Está nas nosas mans reciclar e coidar do noso planeta !

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL