O pasado 24 de outubro celebramos no cole o Día das Bibliotecas. Para dar pistoletazo de saída ao PDI do centro, a Gandariña fixo das súas e roubou a música. O alumnado de segundo e tercero ciclo tiveron que superar varias misións para poder frenala, obxectivo que cumpriron exitosamente. Ademais, fixeron a formación de usuarios e recibiron o tríptico sobre o funcionamiento da biblioteca.
Pola sua parte, o alumnado de infantil e primero ciclo fixeron unha actividade organizada pola ANPA chamada "Corazóns de papel" na que tiñan que romper as malas novas e convertirlas en corazons de papel.
Para que vexades o ben que o pasaron os cativos e cativas, deixamosvos o seguinte video.
Estes foron os debuxos finalistas no concurso da busca do corpo da mascota da nosa Biblioteca.
E o debuxo gañador foi... o número 6
Realizado pola alumna de 6º B:
LOLA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ
A Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe A Gándara de Monforte de Lemos (Lugo) pode acceder, sen necesidade de autenticarse, á aplicación PROENS e ver as diferentes programacións do noso centro escolar.
Cal é o proceso a seguir?
O Samaín acércase e o cole transfórmase!!!
Queredes colaborar? Pois non traiades cabazas, nin arañas, nin morcegos... Este ano toca transformar unha vasoira e convertila en algo terrorífico. Atréveste?
Xa empezan a chegar... O prazo rematará o 30 de outubro. (O día 31 non haberá clase e o 1 de novembro, tampouco.)