Que ben o pasou todo o alumnado o venres día 08 nos Xogos do MAGOSTO.
Houbo unha morea deles, tanto en E.Infantil coma en E.Primaria.
Queredes velo ? Aquí están os vídeos :
O martes, 5 de novembro, o alumnado de infantil saiu do noso colexio andando. Que iría facer? Se queredes sabelo, teredes que ver o seguinte vídeo.
O pasado 29 de outubro o alumnado de primaria do noso colexio coordinado polo mestre de música, Nelson, e coa colaboración especial de Anna, auxiliar de conversa en lingua inglesa, tocando o piano deleitounos cun festival musical: O SAMAGOSTO (Samaín e Magosto).
Queredes ver imaxes das actuacións? Clicade no seguinte vídeo.
O Club de Ciencia é un programa de innovación educativa para centros docentes públicos creado pola Xunta de Galicia. Defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que podan dar resposta ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas.
Isabel Sabucedo, mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica, é a coordinadora do Club de Ciencia da Gándara, ao que asiste alumnado voluntario de primaria durante o tempo de lecer do comedor en distintas quendas.
Ao longo deste curso 2024-2025 non perdades de vista a este Club porque subirán imaxes das súas investigacións.
Ata o 14 de novembro no noso colexio recolleremos MATERIAIS ESCOLARES e PRODUTOS DE LIMPEZA que a Comunidade Escolar aporte para axudar ás persoas danmificadas polas graves inundacións nalgúns concellos da Comunidade Autónoma de Valencia.
Aclarar que se trata dunha colaboración voluntaria. Non é obrigatorio traer nada.
Hoxe o alumnado levou aos fogares unha carta informando máis polo miudo como se levará a cabo dita colaboración. Premede sobre a imaxe para vela de forma ampliada.