Blogues

Sesións de Cine polo Samaín.

Algunhas das actividades realizadas para conmemorar o Samaín foron as sesións especiais de cine.

O alumnado de 1º, 2º e 3º de E.Primaria desfrutou coa película " La escalofriante historia del Capitán Calzoncillos ".

Por outra banda, o alumnado de 4º,5º e 6º de E.Primaria fíxoo coa película " O Apóstolo ".

Aquí tedes algunhas fotos na biblioteca : 

                                                  

Día das Bibliotecas

O pasado 24 de outubro celebramos no cole o Día das Bibliotecas. Para dar pistoletazo de saída ao PDI do centro, a Gandariña fixo das súas e roubou a música. O alumnado de segundo e tercero ciclo tiveron que superar varias misións para poder frenala, obxectivo que cumpriron exitosamente. Ademais, fixeron a formación de usuarios e recibiron o tríptico sobre o funcionamiento da biblioteca.

Pola sua parte, o alumnado de infantil e primero ciclo fixeron unha actividade organizada pola ANPA chamada "Corazóns de papel" na que tiñan que romper as malas novas e convertirlas en corazons de papel.

Para que vexades o ben que o pasaron os cativos e cativas, deixamosvos o seguinte video.

 
 
 
 
 
 

Obradoiro " OUTONÍA " en 6ºB de E.Primaria.

O alumnado de 6ºB de E.Primaria desfrutou de dúas sesión do obradoiro " Outonía " impartido por Branca Albán, unha das traballadoras desta cooperativa.

A través dunha metodoloxía baseada no " sentir-pensar " o obxectivo fundamental é tomar consciencia do medio onde viven e cara onde queren ir.

A partires das propias vivencias e o seu corpo traballaron temas como a diversidade, a igualdade e a sexualidade.

Esta actividade foi organizada pola ANPA do noso centro.

Para ver un vídeo resumo destas sesións, picade na seguinte ligazón :

                               https://youtu.be/aNkuzBGDi5k

A nosa Gandariña xa ten corpo!!

Dende a Biblioteca do Centro levouse a cabo o concurso artístico destinado a crearlle un corpo á nosa Gandariña. Moitos foron os debuxos presentados onde destacaron a súa enorme  calidade e a orixinalidade. Velaquí os tedes!!

Noraboa a todo o alumnado participante!!

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

VASOIRAS TERRORÍFICAS

O Samaín acércase e o cole transfórmase!!!

Queredes colaborar? Pois non traiades cabazas, nin arañas, nin morcegos... Este ano toca transformar unha vasoira e convertila en algo terrorífico. Atréveste?

Xa empezan a chegar... O prazo rematará o 30 de outubro. (O día 31 non haberá clase e o 1 de novembro, tampouco.)

NOVAS
BIBLIO GÁNDARA

 

PROXECTOS

CONCURSOS

REDES SOCIAIS

 

AULA VIRTUAL