Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
27
| 28
Start: 28 Feb 2023 19:10
O prazo para a presentación de solicitudes de admisión en Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso será do 1 ao 20 de marzo ( ambos incluídos). A continuación, facilitanse uns enlaces nos que podedes atopar a información relativa ao proceso. Na secretaría do centro tamén se vos facilitarán os impresos se así o desexades. Así mesmo, tamén se pode presentar a solicitude telemáticamente ou descargar os impresos para entregar de forma presencial a través da aplicación admisionalumnado, na páxina da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal, (para iso é necesario dispoñer dun certificado dixital ou da Chave 365). A solicitude para o 4º curso de Educación Infnatil presentarase acompañada de libro de familia ou DNI do alumno/a, certificado de empadroamento, DNI dos proxenitores e para o resto dos cursos de Educación Infantil e Primaria tamén será necesario un certificado de matrícula do centro no que cursan estudos no presente curso, de ser o caso. En todos os casos son necesarias as signaturas de ambos proxenitores. Agás en casos excepcionais que se debrán entregar os documentos oportunos. No caso de separación ou divorcio será necesario presentar xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente. Se fose necesaria outra documentación será requerida ás familias no momento oportuno. Para aquel alumnado que resulte admitido, o centro porase en contacto coas familias para informar sobre o proceso de formalización de matrícula. Os prazos son os seguintes: - Presentación de solicitudes do 1 ao 20 de marzo ( ambos incluídos). - Publicación de listaxes de admitidos: Provisional: antes do 25 de abril. Definitiva: antes do 15 de maio. -Formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño. Decreto 13/2022 de 13 de febreiro Orde do 12 de marzo de 2013 e corrección de erros A continuación pinchando na imaxe podedes ver máis información sobre o noso cole...onde as aventuras comezan!
| 1
| 2
| 3
| 4
| 5
|